Ir o contido principal

Seminario aberto ‘Unha cartografía cognitiva dos espazos rururbanos no cinema galego’

24.04.2025 | 19.00h

Sala de Xuntas do Decanato

O seminario será en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
O seminario será en Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O seminario de Futuros Urbanos do grupo ANTE e do IDEGA desenvolve o xoves 24 de abril unha nova sesión coa presenza de Iván Villarmea, que ofrecerá o relatorio ‘Unha cartografía cognitiva dos espazos rururbanos no cinema galego’ que será seguido por unha discusión aberta a todas as persoas presentes. Será ás 19:00 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia

Iván Villarmea  é profesor axudante doutor de Historia do Cinema no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o libro Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film (2015) e co-editou os volumes Memórias em Movimento. História e Trauma nos Cinemas Ibero-Americanos (2023), New Approaches to Cinematic Space (2019) e Jugar con la Memoria. El Cine Portugués en el Siglo XXI (2014). Gañador do Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual en tres edicións (2020, 2021 & 2023), foi tamén co director da revista A Cuarta Parede (2013-2017) e co fundador do Cineclube de Compostela no ano 2001.

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.