Con Juan José Juega Cuesta, socio auditor en EUDITA

A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE desenvolve o 26 de febreiro o cuarto seminario do seu programa formativo para universitarios, en colaboración coa Aula Profesional ECOADE. Para participar hai que inscribirse previamente.
Nesa xornada, ás 12.30h na Aula 7 da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais, Juan José Juega Cuesta, socio auditor en EUDITA, falará de Blockchain e Bitcoin, das súas orixes e de como transformaron a contorna financeira.
Abordaranse os casos de uso máis relevantes de Bitcoin no ámbito financeiro, ademais de como xestionar de forma segura as criptomoedas utilizando wallets dixitais. Proporcionaranse boas prácticas para o uso seguro das wallets, destacando as medidas necesarias para protexerse de ameazas cibernéticas e realizar transaccións de forma segura nesta contorna dixital.
