Ir o contido principal

Seminario sobre caracterización de materiais mediante análise térmica

12.06.2024 | 09.00h

iMATUS
Santiago de Compostela

Impartido por Carlos Gracia Fernández, responsable de aplicacións de TA-Instruments

iMATUS
iMATUS

O Instituto de Materiais da USC (iMATUS) organiza un seminario sobre caracterización de materiais mediante análise térmica (DSC, MDSC®, TGA, SDT) que terá lugar o 12 de xuño dende as 9.00 horas. Esta actividade é de balde e será impartida por Carlos Gracia Fernández, responsable de aplicacións de TA-Instruments, licenciado en Física pola USC e doutor pola USC e a UDC.

O seminario pretende resaltar a importancia da Análise Térmica para a caracterización de materiais:  poliméricos, compostos, orgánicos, inorgánicos, ou compoñentes para baterías, entre outros. Para logralo, tras unha introdución á teoría básica de cada técnica, trataranse exemplos prácticos e posibles aplicacións. O obxectivo será axudar ao usuario/a na elección das correctas condicións de ensaio e interpretación dos resultados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2024.