Ir o contido principal

Seminario ‘Estratexias e accións para un cambio transformador. Ilustrando os conceptos con exemplos prácticos dos contextos de Alemaña e Perú’

22.07.2025 | 11.30h

En liña

Con Yves Zinngrebe

Yves Zinngrebe no CRETUS
Yves Zinngrebe no CRETUS

O investigador Yves Zinngrebe, líder de grupo no Centro Helmholtz para a Investigación Ambiental (UFZ), imparte este martes 22 un seminario no CRETUS que leva por título ‘Estratexias e accións para un cambio transformador. Ilustrando os conceptos con exemplos prácticos dos contextos de Alemaña e Perú’. A xornada, que terá lugar ás 11.30 horas en formato presencial e en liña, está organizada por EqualSea Lab

Yves Zinngrebe é un recoñecido investigador  especializado en sustentabibilidade, biodiversidade e transformación socioecolóxica cuxo traballo académico se centra na análise de políticas públicas e marcos institucionais que fomentan unha relación máis sostible entre a sociedade y a natureza.

Realizou traballo de campo en Perú, Alemañaa, Honduras, Uganda, Ruanda e Indonesia, explorando temas como a agroforestería, a biodiversidade e o uso do solo.
Traballa na gobernanza do uso da terra en estudos de caso da Unión Europea e América Latina.

Foi asesor científico principal na revisión da Estratexia Nacional de Biodiversidade de Alemaña, e actualmente coordina o proxecto europeo RESPIN, que busca fortalecer  os vínculos entre a ciencia e a política nas áreas de cambio climático e biodiversidade.

Tamén foi autor coordinador principal da influente Avaliación Global de IPBES sobre Cambio Transformador, que presenta propostas concretas para repensar a nosa relación coa natureza e responder os desafíos ambientais más urxentes do planeta.

No seminario explorará estratexias e accións concretas que permitan un cambio transformador en materia de biodiversidade, cun enfoque en estudos de caso de Alemaña e Perú. A partir da súa experiencia, Zinngrebe compartirá ideas clave sobre como avanzar cara a sistemas máis xustos, sostibles e resilientes.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2025.