Ir o contido principal

Faíscas Culturais

'O Seminario de Estudos Galegos: o territorio e o patrimonio natural de Galicia'

22.11.2023 | 12.00h

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos con aulas abertas e sesións que profundan no labor e a pegada da institución

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG
A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos', a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo. 

Francisco Sineiro, Eduardo Corbelle e Pablo Ramil son os encargados de conducir a sesión 'O Seminario de Estudos Galegos: o territorio e o patrimonio natural de Galicia', unha aula aberta programada ás 12 horas do 22 de novembro na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.