16.11.2023 | 19.30h-21.00h
Viviana Buitrón Cañadas pronuncia este xoves unha conferencia sobre 'Interacción entre o extractivismo e a conservación na Amazonia ecuatoriana'

A doutora Viviana Buitrón Cañadas falará este xoves 16 ás 19.30 horas na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia sobre unha das súas áreas de investigación, a Amazonia, no marco do Seminario de Futuros Urbanos.
A conferenciante é actualmente investigadora posdoutoral María Zambrano no Departamento de Xeografía da USC e outras das súas áreas de pescuda son os Andes e as Illas Galápagos.