Santiago de Compostela
Aula Seminario (3ª Planta)
Por Felipe Macías Vázquez

Os incendios forestais constitúen un dos grandes retos ambientais de Galicia e é por iso que o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS) da USC propón unha sesión de revisión científica desde a perspectiva dos condicionantes climáticos, edáficos e socioculturais.
Así, o 8 de outubro ás 12.00 horas terá lugar o seminario ‘Incendios forestais de Galicia. Raíces climáticas, edáficas e socioculturais’, de entrada libre, impartido polo investigador colaborador do centro Felipe Macías Vázquez, que conta cunha dilatada traxectoria académica e científica en ámbitos como a Ciencia do Solo, a Bioxeoquímica, a avaliación de riscos ambientais, a planificación de recursos naturais e a xestión e recuperación de solos contaminados e ecosistemas degradados.
Tras a exposición, abrirase un coloquio cos asistentes concibido como un espazo de reflexión e intercambio interdisciplinario. O obxectivo é favorecer un debate rigoroso e plural que integre diferentes perspectivas e enriqueza a comprensión colectiva desta realidade.
Para asistir á xornada que se desenvolverá na Aula Seminario CRETUS (3ª Planta) é preferible inscribirse previamente: https://forms.office.com/e/Vq0MkzmtBZ
