19.04.2024 | 10.00h

Este venres 19 de abril a partir das 10.00 horas desenvólvese no Centro de Estudos Avanzados da USC o Seminario de Inicio Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático.
Á inauguración asiste a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes, e representantes da Fundación Biodiversidad.
A partir das 10.30 horas terá lugar a presentación do equipo do proxecto e a presentación técnica e ás 12.00 horas unha mesa redonda entre representantes de comunidade de montes.