
A Sala do Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle os días 6 e 7 de febreiro o seminario Internacional Future Ruins, organizado polo proxecto de investigación Deparq. Paisaxes e arquitecturas do erro, que lidera o profesor de Historia da Arte da USC Federico López Silvestre. O evento será inaugurado este martes 6 de febreiro ás 16.00 horas pola directora do Instituto de Humanidades da USC (IHUS), Laura Lojo, xunto con Federico López Silvestre e Abraham Cea Núñez, investigador do proxecto na USC.
Na xornada do martes impartirán charlas Jean-Marc Bess (CNRS/EHESS), Arantxa Pérez Indaverea (USC), Guillermo Rodríguez Alonso (USC) e Eugénie Denarnaud (ENSP) e rematará cun debate. A xornada do mércores comeza ás 16.00 horas e nela intervirán Miguel Leal (i2ADS/FBAUP), Rafela Nicolau (EHESS), Mihai Bulai (UAIC) e Maite Barral (USC), finalizando a tarde cun debate.
O seminario conta co apoio da rede Yucunet, de IDEAHS e do Instituto de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, que acaba de iniciar as súas actividades.

