Sala de Xuntas

O grupo de investigación ‘Discurso & Identidade’ organiza o seminario internacional ‘Habits and rules in aesthetics: What lies within, between and beyond them’, que versa sobre os hábitos no ámbito das artes e moi particularmente sobre a natureza do hábito como inseparable da experiencia e a acción humanas. Cal é a relación que existe entre hábito e regra, entre hábito e disposición? Como determinan os hábitos a nosa experiencia? Como inflúen na actividade creadora? Hai unha posibilidade de abstracción dos hábitos que non sexa xa por se mesmo unha manifestación dun hábito? Como podemos comprender a relación entre práctica, actividade performativa, normatividade e improvisación? As conferencias do programa intentan resolver algunhas destas dúbidas seguindo as liñas de investigación máis actuais da literatura filosófica analítica.
No seminario participarán especialistas das Universidades de Barcelona, Durham, Ca' Foscari of Venice, Turin e USC. Son membros do comité organizador Xavier de Donato e Pablo Seoane (USC) e Alessandro Bertinetto (Universidade de Turín) e do comité científico Paolo Furia (Univ. de Turín), Andy Hamilton (Durham) e Manuel García-Carpintero (Univ. de Barcelona).
