17/12/2021 - 17.00 horas
O director da Aula de Teatro da USC abordará as prácticas escénicas ao longo da historia e da actual concepción actoral nunha sesión que leva por título ‘Por que chantamos lousas no escenario?’

O director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro, ofrecerá este venres 17, a partir das 17.00 horas, na Casa do Saber de Lugo, un seminario sobre interpretación teatral no que conversará co público asistente sobre as prácticas ao longo da historia e a súa influencia na actual concepción da figura do actor.
A sesión, que se desenvolverá baixo o título ‘Por que chantamos lousas no escenario’, é de acceso libre e gratuíto para todo o público interesado e está promovida desde a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos da USC.