Ir o contido principal

Seminario 'A investigación da Comunicación en Latinoamérica'

28.10.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Sala de Doutoramento

Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

O grupo Novos Medios en colaboración co IDEGA organiza o seminario 'A investigación da Comunicación en Latinoamérica. Situación e desafíos', que impartirá o luns 28 de outubro a partir das 17.00 horas Andrés Cifuentes, da Corporación Escuela de Artes y Letras de Bogotá de Colombia. Será na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación e a asistencia é libre e gratuíta previa inscrición.

Cifuentes, doutor en Comunicación e información contemporánea pola USC, conta con máis de quince anos de experiencia no ámbito da investigación e a creación, formando tamén estudantado neste ámbito desde a comunicación. É así mesmo autor de varios libros sobre xornalismo e comunicación, formación en radio cidadá e pódcast.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2024.