O Ceo de Neurologyca imparte este mércores, a partir das 11.30 na Facultade de ADE, o relatorio obradoiro 'Un mundo para entendelos a todos: Neurociencia'

O Ceo e fundador de Neurologyca, Juan Graña, imparte este mércores, a partir das 11.30 horas, o relatorio obradoiro ‘Un cerebro para entendelos a todos: Neuromarketing’. Esta actividade formativa e de divulgación orientada ao alumnado de terceiro curso do grao de Empresa e Tecnoloxía, permitirá aos público participante analizar a influencia do cerebro ou das emocións na toma de decisións.
O Ceo de Neurolgyca, empresa líder en España e Europa en neuromarketing e investigación do comportamento e as emocións do ser humano aplicadas a diferentes ámbitos da sociedade e da empresa, cuestionará na súa intervención a idea de que as decisións do ser humano parten sempre desde o cerebro e responden a procesos coherentes e racionais.
Graña explicará neste senso como a neurociencia e o neuromarketing revelaron que este comportamento non é sempre así, dado que moitas das das decisións de compra son impulsivas e emocionais. O descubrimento desta nova realidade fixo replantear as estratexias convencionais de marketing e abre novas oportunidades para a innovación na industria.
As novas tecnoloxías baseadas na Intelixencia Artificial provocan, segundo indica Juan Graña, un salto cualitativo e cuantitativo na comprensión do ser humano. De feito, o Ceo de Neurologyca comprobará co propio alumnado da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo como algunhas destas tecnoloxías permite coñecer as súas emocións e o seu estado de ánimo.