Ir o contido principal

Acto de constitución

Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da USC (SPERTUS)

30.11.2021 | 16.30h

O seminario SPERTUS pretende ser un think tank de reflexión estratéxica sobre o escenario enerxético mundial e as súas implicacións na estrutura industrial e económica de España e de Galicia

Facultade de CC. da Comunicación. Foto: Andrés Fraga
Facultade de CC. da Comunicación. Foto: Andrés Fraga

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o día 30 de novembro ás 16.30 horas o acto de constitución do Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da USC (SPERTUS), financiado recentemente polo Consello Social.  

O seminario SPERTUS pretende ser un think tank de reflexión estratéxica sobre o escenario enerxético mundial e as súas implicacións na estrutura industrial e económica de España e de Galicia, participando e promovendo a formación de profesionais do sector, tanto a nivel universitario como técnico, así como a cultura do aforro e de eficiencia enerxética. Xunto a este acto de constitución, nesta primeira xuntanza de SPERTUS, que se estenderá ao día 1 de decembro, terán lugar seis mesas redondas de debate divididas por temática: Económica, Xurídica, Científico-técnica, Industrial, Administrativa, Social, Cultural e de Seguridade.
 

Este acto aberto a toda a comunidade universitaria (previa inscripción debido ao control de asistentes) C e contará coa presencia do vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, ademais dunha nutrida representación de empresas, industrias, sindicatos, clústeres económicos relevantes, centros de investigación e tecnolóxicos tanto de Galicia como doutras comunidades, así como das tres universidades galegas. No acto de apertura impartirá unha conferencia o presidente de Petronor, Emiliano López Atxurra. 

Para participar no evento é preciso cumprimentar o formulario ao que dá acceso a ligazón disposta baixo estas liñas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2021.