A Sala de Docencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago acollerá o 9 de xullo o seminario ‘Revolucionando a Investigación con Enfoques de Single-Cell e Bioloxía Espacial’, que se desenvolverá a partir das 10.00 horas. Para participar é preciso inscribirse.
Serán relatores desta xornada o Product Manager Research de Diagnostica Longwood, Ignacio Cardona; o Distribution Sales Manager de Bruker Spatial Biology, Juan Barba; e o investigador posdoutoral do Grupo GENVIP Alberto Gómez.
O seminario comezará coa intervención de Cardona titulada ‘Facendo simple o complexo: a realidade do Single-Cell’ para continuar cunha sesión sobre Multiómica Espacial para coñecer tecnoloxías avanzadas en transcriptómica e proteómica masiva e espacial,desde paneis dirixidos ata transcriptomas completos.
