Evento organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade)

O seminario web 'Adentrándonos na manosfera española: antifeminismo e sufrimento masculino en rede' será impartido por Elisa García Mingo (Universidad Complutense de Madrid) o vindeiro 22 de setembro ás 17.00 horas, no marco do Ciclo Debates sobre a crise (e reacción) das masculinidades dominantes.
O evento, organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade), terá lugar en liña a través da plataforma Microsoft Teams. A inscrición é de balde e pode formalizarse nesta ligazón. Entregarase un diploma acreditativo de asistencia das persoas inscritas.