Natalia Seoane (investigadora Ramón y Cajal) e Alejandro Catalá (investigador Juan de la Cierva), membros do equipo científico do CiTIUS, debaterán sobre axudas posdoutorais xunto aos doutores egresados do centro Juan Martínez (Situm), Patricia Martín (UDC) e Martín Pereira (USC)

O CiTIUS acolle esta mesa redonda sobre as diferentes axudas posdoutorais públicas dispoñibles na actualidade, que ten como obxectivo afondar na experencia das persoas beneficiarias destas axudas para guiar aos seus colegas predoutorais á hora de solicitalas.
A mesa, moderada polo investigador vinculado ao CiTIUS Diego Cabello, porá especial énfase na participación do público, co propósito de aclarar todas as dúbidas que o persoal investigador predoutoral poida ter en relación ao seu futuro na investigación.
O encontro dará así lugar ao debullamento das seguintes convocatorias públicas: Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, Torres Quevedo, Axudas posdoutorais da Consellería de Educación e Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA).
Podes seguir o evento en directo nesta ligazón.