Ir o contido principal

‘Sen cabalos non hai paraíso’, a cargo de Rafael Diego Serrano

8/11/2023 - 18.00 horas

Sala de Xuntas

O especialista en clínica equina do Hospital de Cabalos e Centro de Reprodución Equino Agrodiego ofrece un relatorio o mércores 8, ás 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria

Dous cabalos nun bosque
Dous cabalos nun bosque

O especialista en clínica equina do Hospital de Cabalos e Centro de Reprodución Equino Agrodiego ofrece un relatorio o mércores 8, ás 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria, baixo o título ‘Sen cabalos non hai paraíso’, no marco do ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’.

A participación do tamén vogal da Asociación de Veterinarios Especialistas en Equinos (AVEE) e membro do comité consultivo externo da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC neste foro divulgativo, pretende ampliar a conexión entre o órgano consultor e o centro universitario lugués, a fin de compartir a súa experiencia profesional e vital con docentes e estudantes.

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2023.