Ir o contido principal

SENSOXENOMA 22

30.09.2022 | 20.30h-22.30h

Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela participa nesta investigación que analiza a pegada da música no ADN e o seu posible uso para paliar certas enfermidades

Sensoxenoma22 analiza a pegada da música no ADN e o seu posible uso para paliar certas enfermidades
Sensoxenoma22 analiza a pegada da música no ADN e o seu posible uso para paliar certas enfermidades

Sensoxenoma22 é un proxecto de investigación liderado polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón no que, por primeira vez e a grande escala, ciencia e música danse a man para loitar contra diferentes enfermidades. Así, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) —constituído ao abeiro dun convenio entre USC, Consellaría de Sanidade e SERGAS —, e a Real Filharmonía de Galicia dan pulo a esta colaboración interdisciplinaria que ten por obxecto “buscar as bases biolóxicas do estímulo musical” coa vontade de “iluminar novas dianas terapéuticas”,.

Trátase dunha nova disciplina da ciencia xenómica que afonda en como os estímulos sensoriais repercuten no ADN, buscando as bases moleculares que subxacen á activación da información xenética, e abrindo a porta a novos usos terapéuticos que melloren a calidade de vida das persoas.  

Con este obxectivo, o 30 de setembro, ás 20.30 horas, celebrarase un concerto experimental no Auditorio de Galicia no que se recollerán mostras biolóxicas das persoas participantes. Baldur Brönnimann, levará a batuta neste concerto cuxo programa non se coñecerá ata o día do evento.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2022.