Ir o contido principal

Presentación do libro

'Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX', de Xavier Castro

Mércores, 8 de xaneiro, ás 20.00 horas

Libraría Pedreira
Rúa do Home Santo, 55. Santiago.

Os escritores Encarna Otero e Xosé Ramón Pousa acompañarán ao autor na presentación desta obra, galardoada co Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo

Portada do libro
Portada do libro

A obra de Xavier Castro é unha síntese da vida cotiá na Galicia contemporánea dende unha perspectiva de conxunto. Nela recóllese o xeito no que se desenvolvía o día a día da xente corrente: o amor, a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, a hixiene, o traballo, o lecer, ou o mundo da escola. Así, a presentación o libro, a xeito de tertulia, abordará a vida cotiá en Compostela, especialmente no tempo de Nadal, e porá o foco nos cambios acontecidos dende o século pasado ata hoxe.

O libro plantéxase como unha obra de investigación histórica, que emprega fontes inéditas combinadas coa bibliografía dispoñible, pero tamén como un traballo de síntese, que permite conectar cun público máis amplo. Combina textos literarios, etnográficos e testemuños orais, que contribúen a darlle amenidade, ao tempo que axudan a recrear a o imaxinario colectivo e a atmósfera social na que se desenvolveu a esistencia de varias xeracións de galegos de a pé.

Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX examina tamén a discriminación das mulleres en distintas esferas da vida cotiá, que abranguen dende o laboral ata a cuestión da escolarización, pasando tamén pola educación e os costumes inculcados na casa.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2020.