21.01.2022 | 16.00h-17.00h
Divulgación dos resultados do proxecto ECOSOCIEDAD

O proxecto ECOSOCIEDAD organiza o venres 21 de xaneiro ás 16.00 horas un encontro en liña para a presentación de resultados.
Liderado pola USC co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Fundación Biodiversidad, o proxecto busca potenciar a colaboración entre actores para mellorar a conservación da biodiversidade marina dende o deseño dunha estratexia de participación social e empresarial na planificación e uso dos servizos ecosistémicos nos espazos RN2000.
As persoas interesadas en asistir deben rexistrarse no formulario que figura baixo este texto.
