Evento orgnizado pola USC, a Cátedra de Educación Médica USC-SEMERGEN e CARDICHUS

A primeira sesión do ciclo 'Debate cos Expertos en Patoloxía Cardiovascular', titulada 'Risco cardiovascular asociado ao nivel de LDL-colesterol', constará de dúas ponencias: 'Nivel de LDL-colesterol e risco cardiovascular asociado', impartida polo doutor Valentín Fuster e 'Obxectivos de LDL-colesterol no paciente con cardiopatía isquémica crónica e estratexias terapéuticas', impartida polo doutor Jose Ramón González-Juanatey.
Daniel Rey Aldana e Sergio Cinza Sanjurjo participarán como moderadores desta sesión en liña, na que tamén estará presente o reitor da USC, Antonio López, para dar a benvida.
O evento poderá verse en aberto na páxina web da Cátedra de Educación Médica USC-SEMERGEN, mais os usuarios interesados poderán rexistrarse para deixar constacia da súa participación no evento nesta ligazón.