Ir o contido principal

Burbulla creativa

Sesión aberta de dramaturxia con Ernesto Is na Casa do Saber

5/11/2020 - 19.00 horas

Lugo
Casa do Saber

A actividade formativa, para a que cómpre inscribirse de balde no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es, tamén se poderá seguir a través dunha plataforma dixital

Ernesto Is
Ernesto Is

O dramaturgo e director de teatro Ernesto Is ofrecerá este xoves, a partir das 19.00 horas, unha sesión aberta de dramaturxia, unha actividade incluída na programación da Burbulla Creativa do mes de novembro promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

As persoas interesadas e tomar parte nesta sesión formativa poden aínda formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Tamén se pode acadar máis información a través do número de teléfono 982 821 513. A sesión poderá seguirse de xeito presencial ou través dunha plataforma dixital. Asemade, as clases do obradoiro de dramaturxia que impartirá  a partir de mañá o propio Ernesto Is tamén ser poderán seguir a través da plataforma Zoom, en quenda de mañá ou de tarde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2020.