Ir o contido principal

Ciclo de Cinema Filosófico

Sesión de cinema experimental e de animación

01.03.2023 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Esta sesión de proxeccións enmárcase no programa de actividades da USC no 8M

Sesión de cinema experimental e de animación
Sesión de cinema experimental e de animación

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 1 de marzo ás 18.00 h a proxección dunha selección de obras de cinema experimental e de animación. Dez curtametraxes realizas entre  1929 e 1979 por Germaine Dulac, Maya Deren, Mary Ellen Bute, Marie Menken, Storm de Hirsch, Gunvor Nelson, Caroline Leaf, Carolee Schneemann, Marjorie Keller e Coleen Fitzgibbon

A presentación da sesión correrá a cargo do decano do centro,  Xavier de Donato, e a entrada de balde ata completar a capacidade da sala.  A actividade forma parte do programa de accións coas que a comunidade universitaria se suma ás reivindicacións do 8M - Día Internacional das Mulleres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2023.