08.04.2022 | 09.45h
O venres, día 8 de abril, celebrarase unha Sesión Extraordinaria do Claustro Universitario no Salón de Actos da Facultade de Dereito para a constitución do Claustro e a elección das persoas integrantes da Mesa e da Comisión Electoral Central.
A sesión está programada ás 09.45h en primeira convocatoria e ás 10.00 en segunda convocatoria.
As persoas integrantes do Claustro deberán acreditarse antes do inicio da sesión a través da Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI) ou do Documento de Identidade.