Ir o contido principal

Sesión formativa sobre a mellora da gobernanza nos montes comunais

25.04.2025 | 17.00h-20.00h

En liña

Detalle dunha paisaxe galega
Detalle dunha paisaxe galega

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza o vindeiro día 25 de abril na Estación Científica do Courel unha xornada formativa sobre a mellora da gobernanza en montes comunais.

Esta actividade, que tamén poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do proxecto CAPRIF-CC, prestará especial atención ás obrigas fiscais, á extinción dos convenios e á regularización da propiedade, centrándose nos montes proindivisos e nos montes veciñais en man común. Estas temáticas foran identificadas como “prioritarias” por parte dos asistentes aos diferentes obradoiros celebrados no Living Lab Ancares-Courel ao longo do ano 2024 e a comezos de 2025.

A xornada formativa desenvolverase desde as 17.00 ata as 20.00 horas e incluirá dous relatorios de especialistas: 'Regularización da propiedade en montes proindivisos', a cargo do avogado, consultor xurídico e mediador Antonio Ruiz Salgado; e 'Obrigas fiscais dos montes proindivisos e extinción dos convenios en montes veciñais en man común', a cargo da asesora legal Pilar Orol.

O proyecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea con los fondos NextGenerationEU.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.