Os relatores son María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo, e Miguel Alegría Real, axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira

María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo, e Miguel Alegría Real, axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira, especialidade de investigación, serán os relatores da sesión informativa sobre emprego público na Axencia Tributaria que a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC acolle o martes 14, ás 10.00 horas, no Salón de Graos do centro. O obxectivo desta sesión é ofrecer información sobre as oportunidades de emprego público na Axencia Estatal de Administración Tributaria, a través de procesos selectivos baseados nos principios de mérito, capacidade, igualdade de oportunidades e publicidade.
Na primeira parte da xornada abordarase a creación, misión, liñas de actuación, áreas operativas e organización territorial da AEAT. A continuación, tratarase a relación de corpos e especialidades adscritas e procesos de selección, así como dez motivos polos que elixir traballar na AEAT.