Ir o contido principal

Sesión ordinaria do claustro universitario

30.11.2023 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Medicina. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Medicina. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 30 novembro de 2023 desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía un claustro ordinario da USC que comezará ás 09.30 horas en primeira convocatoria e 10.00 horas en segunda. A hora estimada de remate da sesión é ás 15:00 horas. De ser necesario continuarase entre as 16.00 e as 20:00 horas.

Na orde do día debateranse, entre outros asuntos, a aprobación do límite de gasto non financeiro e das Liñas Xerais do Orzamento 2024, analizaranse propostas, lerase o informe do reitor e rematarase cunha rolda aberta de intervencións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2023.