Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

28.12.2022 | 11.00h-15.00h

Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)

Convocada ás 11.00 horas (11.15 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

Reitoría da USC. Foto: Santi Alvite
Reitoría da USC. Foto: Santi Alvite

A última sesión ordinaria de Consello de Goberno do ano 2022 terá lugar o mércores 28 de decembro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)  e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 11.00 horas en primeira convocatoria e 11.15 en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a aprobación, se procede, do proxecto de Programación Plurianual 2023-2026, do Orzamento do 2023, do Regulamento da Tarxeta Universitaria de Identidade da USC  e da proposta de Plan de Medidas Antifraude e Prevención de Riscos e Xestión da USC. Tamén se someterán a aprobación o Regulamento de Mobilidade de PAS Funcionario, a actualización de Tarifas do exercicio económico 2023, a proposta de adhesión ao Convenio entre socios de Sigma Gestión Universitaria, A.I.E., para a determinación de tarifas e a proposta de aceptación do uso gratuito de bens provinciais destinados á educación superior universitaria en Lugo. A sesión servirá, ademais, para aprobar, se procede os complementos retributivos autonómicos, os cursos de estudos propios e as memorias de estudos propios. 

Este novo encontro do Consello de Goberno procederá tamén á cobertura de vacantes nas comisións delegadas do órgano e abordará cuestións vencelladas a convenios, asuntos económicos, os informes do reitor, de vicerreitoras e vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral e pechará coa rolda aberta de intervencións. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2022.