Convocada ás 09.45 horas (10.00 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A próxima sesión ordinaria de Consello de Goberno terá lugar o xoves 23 de febreiro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).
A xuntanza está prevista ás 09.45 horas en primeira convocatoria e 10.00 horas en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.
Entre os temas da orde do día inclúese aprobación, se procede, da proposta de renovación da comisión de Revisión, do Regulamento de Publicidade Institucional Activa da USC, da Modificación do Regulamento de Transformación Dixital, administración electrónica e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación da USC, e do calendario académico do curso 2023-2024
Tamén se somenterá a aprobación a creación das cátedras institucionais de Vida Saudable e de Intelixencia Artificial en Ciencias da Saúde, ademais da Planificación de actuacións en materia de PDI 2023, da Oferta de Emprego Público de PDI 2023, da transformación de contratos de profesorado colaborador a profesorado contratado doutor, da convocatoria e comisións de selección de prazas de profesorado permanente e da actualización da táboa de asignación de complemento por mérito docente.
Entre as cuestións que se levan a esta sesión ordinaria figura, asemade, a aprobación de solicitudes de licenzas de ano sabático 2023-2024, do recoñecemento do interese para a USC da realización, por parte de persoal da USC, de actividades de investigación na GAIN ao abeiro do artigo 17.3 da Lei da ciencia; do Regulamento das modalidades híbrida e virtual nas titulacións de grao e mestrado universitario na USC; da modificación do Regulamento de Planificación Académica; da autorización para a creación dunha unidade asociada “PHARMABRAS” entre Misión Biológica de Galicia-CSIC e a USC; así como da proposta de modificación do Regulamento da Escola Infantil Breogán; da proposta de tarifas; e de memorias de estudos propios.
Finalmente, procederase á ratificación, se procede, da modificación do Regulamento de réxime interno dun centro; e ao tratamento de convenios, cuestión vencelladas a Asuntos Económicos. O encontro pechará cunha rolda aberta de intervencións.