Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Consello do Goberno

28.04.2023 | 10.00h-15.00h

Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)

Convocada ás 10.00 horas (10.15 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión ordinaria de Consello de Goberno terá lugar o venres 28 de abril no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 10 horas en primeira convocatoria e 10.15 en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a aprobación, se procede, da renovación da Comisión de atención a situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero; da convocatoria de prazas de corpos docentes universitarios e das comisións de selección correspondentes;  das prórrogas de contratos de profesorado asociado e PACS; e dunha modificación da RPT de PAS. 

Tamén se abordará a proposta ao Consello Social dun crédito extraordinario para atender necesidades urxentes da comunidade universitaria; o Protocolo sobre o uso de instalacións de videovixilancia na USC; a memoria dun mestrado propio; e a declaración do carácter excepcional e singular de solicitudes de subvencións obxecto de convenio para financiamento de actividades pola Deputación Provincial da Coruña. 

Finalmente, trataranse os regulamentos de traballos de fin de estudos, convenios, cuestións de asuntos económicos, e os informes de reitor e de vicerreitoras/es, xerente e secretaria xeral. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2023.