Ir o contido principal

Acto institucional

Sesión ordinaria do Consello do Goberno

31.05.2023 | 10.00h-15.00h

Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral e Sala Multiusos

Será o mércores 31 de maio, ás 10.00 horas (10.15 horas en segunda convocatoria)

O Colexio de San Xerome acolle unha nova sesión do Consello de Goberno. FOTO: Santi Alvite
O Colexio de San Xerome acolle unha nova sesión do Consello de Goberno. FOTO: Santi Alvite

A sesión ordinaria do Consello de Goberno terá lugar mércores 31 de maio no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)  e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 10.00horas en primeira convocatoria e 10.15 horas en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a aprobación, se procede, da Comisión de Convivencia, do Regulamento polo que se establece o Sistema Interno de Información da USC, da supresión dun programa de doutoramento a partir do curso 2023-24, dos títulos e cursos de estudos propios, e das memorias de títulos propios. Tratarase tamén a transferencia de resultados e a participación da USC na a “Fundación Galicia Constrúe, Cluster da Construción”. A seguir, aprobarase, se procede, a proposta de Regulamento do Parque Móbil e as súas tarifas. 

Outras cuestións vencelladas a asuntos económicos e propostas de convenios así como o informe do reitor, de vicerreitoras e vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral completan os puntos da orde do día. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2023.