Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Consello do Goberno

29.06.2023 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral e Sala Multiusos

Convocada ás 09.30 horas (09.45 horas en segunda convocatoria)

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

Unha nova sesión ordinaria do Consello de Goberno terá lugar o xoves 29 de xuño no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)  e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 09.30 horas en primeira convocatoria e 09.45 horas en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese e aceptación, se procede, das Contas Anuais 2022, da asignación a áreas de coñecemento e especialidade de prazas vinculadas de
profesorado permanente e da convocatoria e comisións de selección correspondentes. Tamén se someterá a votación a creación e convocatoria de prazas de Profesores Asociados de Ciencias da Saúde (PACS) e das comisións de selección correspondentes, así como a reposición de prazas vacantes de PACS e das comisións de selección , e as prórrogas de prazas de PACS. 

Ademais, aprobaranse, se procede, as propostas de doutoramento honoris causa, a contratación e prórrogas de profesorado emérito, o nomeamento  e as prórrogas de profesorado e persoal investigador ad honorem e asignación de complementos de recoñecemento de mérito docente (quinquenios). Tamén se votará a proposta de sexenios de profesorado contratado, as novas propostas de titulacións de máster universitario para a súa implantación no curso 2024/2025 e as  modificacións substanciais de titulacións de grao, mestrado universitario e programas de doutoramento para a súa implantación no curso 2024/2025. 

Outros temas centrais desta sesión do Consello son a oferta e memorias de estudos propios, a proposta de supresión do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas
“Gumersindo Busto”, a transformación da Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier na Cátedra de Cultura Latinoamericana Alejo Carpentier e a aprobación do  Regulamento do Comité de Ética da USC, así como das memorias dos Institutos de Investigación, Centros Propios e Centros Singulares do ano 2022 e das memorias das Plataformas Científico-Tecnolóxicas do ano 2022. 

A actualización de tarifas, outras cuestións vencelladas a asuntos económicos, a proposta de ratificación do acordo de transacción relativo á venda do antigo Hospital de Galerase, outras propostas de convenios, alén do informe do reitor , das vicerreitorías, do xerente e da secretaria xeral completan os puntos da orde do día. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2023.