Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

21.07.2023 | 10.00h-15.00h

Convocada ás 10.00 horas (10.15 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza desenvolveuse este venres no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite
A xuntanza desenvolveuse este venres no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión ordinaria de Consello de Goberno terá lugar o venres 21 de xullo no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)  e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 10.00 horas en primeira convocatoria e 10.15 en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a proposta de renovación da Comisión de implantación e seguimento do PEIOMH; as directrices de técnica normativa da Universidade de Santiago de Compostela; os criterios para a selección de candidaturas á consolidación investigadora 2023; as modificacións do Regulamento de Réxime Interno tanto do Centro Singular de Investigación en
Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) como do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC); a autorización para a creación da Unidade Asociada 'Ecoloxía Microbiana de Suelos' entre CSIC (Misión Biolóxica de Galicia) e USC; a oferta de estudos propios; a modificación da RPT de PAS, dos estatutos da Fundación Universidade de Santiago de Compostela M.P., e do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC; así como a aprobación, se procede, do Regulamento de TFM do Mestrado Universitario en Intelixencia Artificial.

Completarán a listaxe de temas a tratar a transferencia de resultados de investigación, a adhesión da USC á Asociación 'Clúster do Audiovisual Galego' e á 'Asociación Española de la Industria de Semiconductores', convenios, asuntos económicos, e a a creación dunha unidade administrativa para a xestión dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2023.