A xuntanza está prevista para as 9.30 horas en primeira convocatoria

O Consello de Goberno da USC desenvolve este mércores unha xuntanza ordinaria no Colexio de San Xerome presidido polo reitor Antonio López.
Logo da aprobación, se procede, das actas das reunións anteriores, a orde do día abranguerá as seguintes cuestións: Regulamento de selección de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, convocatoria de prazas de corpos docentes universitarios e das comisións de selección correspondentes, convocatoria de prazas de profesorado permanente laboral e das comisións de selección correspondentes, cambio de dedicación, acordo polo que se recoñece o interese para a USC da realización, por parte de persoal da USC, de actividades de investigación na GAIN ao abeiro do art. 17.3 da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, a proposta de avaliación da actividade investigadora (sexenios) de profesorado contratado correspondente á convocatoria do ano 2021, a proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos, a adscrición de investigadores no marco do Programa Oportunius, convocatoria anual de novas propostas e modificacións de titulacións de grao, mestrado universitario e doutoramento para a súa implantación no curso 2025-26, así como das propostas de modificacións non substanciais de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para a implantación no curso 2024-25, memorias de estudos propios, modificación do Regulamento de Mobilidade de PAS funcionario, modificación de tarifas de títulos propios, creación da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC, participación da USC na Asociación Internacional INNODIA, participación da USC na Asociación Spanish Open Hardware Alliance (SOHA), participación da USC na Asociación Plataforma One Health, modificación do Regulamento de réxime interno da Facultade de Ciencias, Regulamento de TFG do Grao en Empresa e Tecnoloxía, asuntos económicos, convenios, informe do reitor, informes dos vicerreitores/as, do xerente e da secretaria xeral, e rolda aberta de intervencións.