Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

23.11.2023 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Convocada ás 09:30 horas en primeira convocatoria no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago e na Sala Multiusos do Edificio Intercentros de Lugo

A sesión desenvolverase no Salón Reitoral de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase no Salón Reitoral de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión ordinaria de Consello de Goberno da USC terá lugar o xoves 23 de novembro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago e na Sala Multiusos do Edificio Intercentros de Lugo.

A xuntanza está prevista ás 09.30 horas en primeira convocatoria e 09.45 en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a designación de representante do Consello de Goberno nas Comisións Reitoras dos Centros Singulares de Investigación e na Comisión Reitora do Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA), a proposta de Planificación complementaria de PDI 2023, a convocatoria de prazas de profesorado laboral e das comisións de selección correspondentes, as Bases para a planificación de profesorado 2024 e a proposta de autorización á Reitoría para completar as comisións de selección en casos de conflicto de intereses dos seus membros.

Así mesmo estudaranse a proposta ao Consello Social de complementos retributivos autonómicos, as prórrogas de contratos de Profesorado Asociado de Ciencias da Saúde, a Oferta de Emprego Público complementaria de estabilización extraordinaria do PAS para 2023, a modificación do Regulamento de xestión e uso de espazos da USC, a modificación do Regulamento de Publicidade Institucional Activa da USC e a modificación do Anexo II do Regulamento de redución docente e retribución de cargos e responsables académicos.

Analizaranse tamén os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias
oficiais de grao do SUG- curso 2024/2025m a modificación do Regulamento de Planificación Académica, a adscrición funcional das materias das titulacións de grao e máster ás áreas de coñecemento no curso 2024/2025, a modificación do Regulamento de Estudos Propios da USC, a participación da USC na asociación Observatorio del Derecho a la Alimentación de España (ODA-E), as memorias de estudos propios, a transformación da cátedra institucional do “Pan e do Cereal” e o Regulamento de TFG do Grao en Bioquímica.

Finalizará a sesión co estudo dos puntos referentes a Asuntos Económicos,  Convenios, Informe do reitor, Informes dos vicerreitores/as, do xerente e da secretaria xeral e rolda aberta de intervencións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.