25.06.2021 | 10.00h
O evento poderá seguirse a través de Microsoft Teams

A sesión de Consello de Goberno terá lugar o vindeiro venres 25 de xuño, en horario de 10.00 en primeira convocatoria e 10.15 en segunda, e ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.
A sesión será a distancia a través da plataforma Microsoft Teams. Habilitarase o Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para quen desexe conectarse. Aqueles membros que vaian asistir presencialmente deben facelo provistos dun portátil ou tableta para facilitar o tratamento da imaxe e do son.