Ir o contido principal

Sila Lua achega a súa canción urbana ao público lugués no ciclo ‘Lubicán’

11/05/2022 - 21.00 horas

Lugo
Praza de Santa María

O concerto, incluído na programación promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comeza ás 21.00 horas na Praza de Santa María. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado. A actuación trasladarase ao auditorio Gustavo Freire en caso de choiva

Cartaz do concerto de Sila Lua no ciclo 'Lubicán'
Cartaz do concerto de Sila Lua no ciclo 'Lubicán'

A artista e produtora viguesa  Silva Lua presentará este mércores, a partir das 21.00 horas, na luguesa Praza de Santa María, a súa particular canción urbana, que mestura arranxos infinitos con tratamento experimental.

O concerto de Silva Lua, que interpretará ante o público lugués o seu último traballo, ademais doutros temas cos que xa acadou importantes éxitos, encádrase no ciclo Lubicán, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2022.