Ir o contido principal

Exposición

O Silencio de Deus

Do 5 de abril ao 28 de maio

Santiago de Compostela

O artista Xosé Luis Otero é o autor desta exposición individual que estará ata o 28 de maio na Igrexa da Universidade

Exposición 'O Silencio de Deus'
Exposición 'O Silencio de Deus'

A Igrexa da Universidade acollerá do martes 5 de abril ata o sábado 28 de maio a exposición O Silencio de Deus,  unha mostra individual de Xosé Luís Otero comisariada por Elena Bangueses.

O artista propón una hibridación entre exposición e instalación, enlazando a arquitectura e a espiritualidade da Igrexa a modo de reflexión entre o humano e o espiritual. A través de seis instalacións, Otero transmite un estado de desasosego fronte ás divisións inexplicables que forman o tecido da nosa realidade. Os materiais empregados polo artista e o seu proceso creativo testemuñan a frívola teima dos humanos por construír e reconstruír, organizar e reorganizar, mostrando o carácter efémero da existencia humana, a soidade pura e o silencio de Deus.

A súa inauguración terá lugar o martes 5 de abril ás 20.00 horas e o acceso é libre ata completar a capacidade da sala. 

A partir do mércores, día 6 de abril, esta exposición situada na Igrexa da Universidade, poderá visitarse sen necesidade de reserva de martes a sábado de 17.00 a 20.00 horas e tamén en horario de mañá os xoves e venres, de 11.00 a 14.00 horas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2022.