Ir o contido principal

I Simposio de Formación e Innovación Educativa

27/10/2022

A persoas interesadas en participar no evento impulsado polos grupos de investigación Mestura e GEFIL da USC poden formalizar a súa inscrición de balde en liña

Cartaz de Forinnova
Cartaz de Forinnova

Os grupos de investigación Mestura e GEFIL, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, celebran o 27 de outubro na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo o I Simposio de Formación e Innovación Educativa (Forinnova), un evento que nace co obxecto de ter continuidade no tempo co obxecto de favorecer o encontro entre o alumado que aspira a converterse en mestre ou mestra, o estudantado de doutoramento, persoal investigador, docentes e, en xeral, de todas as persoas e profesionais relacionados co mundo da ensino e a educación.

A primeira edición de Forinnova contará como participantes con profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito educativo. A palestra de relatores convidados abordará nas súas respectivas intervencións temáticas moi diversas arredor da formación e da innovación nas diferentes etapas educativas, os dous grandes eixos temáticos arredor dos cales se artella este evento.

O I Simposio de Formación e Innovación Educativa xorde como un evento gratuíto impulsado desde a USC, aínda que na súa organización tamén colaboran outras institucións internacionais como a Universidade Federico Henríquez y Carbajal (UFHEC, República Dominicana) e a Universidade de Playa Ancha (Chile), ademais doutras entidades e empresas de ámbito nacional, autonómico e provincial.

As persoas interesadas en participar como asistentes xa poden formalizar a inscrición en liña. As prazas son limitadas (180) e serán adxudicadas por rigorosa orde de solicitude ate completar o aforo. Así mesmo, realizarase control de asistencia ás diferentes sesións que dará dereito a recibir un diploma acreditativo da participación neste evento, sendo recoñecido, ademais, como acción formativa dentro do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) para o profesorado da USC que desexe asistir.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2022.