Ir o contido principal

V Simposio Iberoamericano de Química Orgánica

11.09.2024-14.09.2024

Auditorio Municipal do Grove
O Grove

Auditorio Municipal do Grove
Auditorio Municipal do Grove

Os mellores especialistas de Iberoamérica en Química Orgánica acoden esta semana a Galicia para participar no V Simposio Iberoamericano de Química Orgánica (SIBEAQO-V) que ten lugar en A Toxa (O Grove) entre o 11 e o 14 de setembro. A inauguración terá lugar este mércores 11 ás 16.30 no Auditorio Municipal do Grove.

O V Simposio Iberoamericano de Química Orgánica, cuxa presidenta é a profesora da USC Concepción González-Bello, concíbese como foro de discusións científicas entre persoal investigador para promover o intercambio de ideas, coñecementos e capacidades para construír futuras colaboracións frutíferas entre España, Portugal e Iberoamérica. 

As conferencias principais correrán a cargo de Amir H. Hoveyda (Boston College), Chris Vanderwal (Universidade de California en Irvine), Antonio M. Echevarren (Institut Català d'Investigació Quimica), Erick M. Carreira (ETH Zürich) e Martina Delbianco (Max Planck Institute).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2024.