Ir o contido principal

Simposio ILG 2025 ‘A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos’

18.11.2025-20.11.2025 | 16.00h-17.30h

Santiago de Compostela
Salón de graos

O simposio será entre os días 18 e 20 no salón de graos da Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
O simposio será entre os días 18 e 20 no salón de graos da Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

O salto tecnolóxico producido nos últimos anos pola intelixencia artificial (IA) revolucionou as tecnoloxías lingüísticas, tanto nas aplicacións de texto coma nas centradas na fala. Este novo escenario pode acentuar a brecha entre as grandes linguas e as máis pequenas, e particularmente as minorizadas, mais tamén poden contribuír estes novos desenvolvementos a reducir esa fenda. Diante disto, o Instituto da Lingua Galega (ILG) desenvolve en novembro o seu simposio dedicado ás oportunidades e riscos da intelixencia artificial e a lingua galega. Será entre os días 18 e 20 no salón de graos da Facultade de Filoloxía. A inscrición permanece aberta ata o 13 de novembro.

O simposio quere ofrecer unha ocasión para reflexionar sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Neste contexto, o Proxecto Nós(link is external) de tecnoloxías lingüísticas busca abrir novas perspectivas e tirar as posibles vantaxes desta situación de mudanza. O encontro busca explorar estas oportunidades, mais tamén botar unha mirada crítica ás tecnoloxías baseadas na intelixencia artificial. Para iso, ademais de presentar o desenvolvemento da IA e ilustrar o funcionamento das principais ferramentas en tecnoloxías lingüísticas, trataranse tamén de maneira específica os problemas éticos e legais que aparecen con estas aplicacións, así coma as súas repercusións para certas profesións: xornalistas, actores e actrices ou profesionais da tradución.

As intervencións previstas neste simposio están ao cargo de figuras protagonistas no desenvolvemento destas tecnoloxías, ás que se suman voces expertas nos ámbitos profesionais afectados pola irrupción destes novos recursos. Deste xeito, participará recoñecido persoal investigador do ILG e CiTIUS da USC, de atlanTTIC da UVigo, aas Universidades de Jaén e País Vasco así como de entidades do eido cultural.

Cartel do simposio
Cartel do simposio
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2025.