Ir o contido principal

X Simposio Internacional de Lipodistrofias

18.11.2022-19.11.2022 | 08.45h-14.00h

Santiago de Compostela
Sala de Conferencias do CiMUS (día 18)
Aula Castelao da Fac. de Medicina e Odontoloxía (día 19)

Tratamentos, tecnoloxías emerxentes e novos métodos de diagnose, a debate no Congreso Internacional de Lipodistrofias

O X Simposio Internacional de Lipodistrofias desenvolverase do 18 ao 19 de novembro en Compostela
O X Simposio Internacional de Lipodistrofias desenvolverase do 18 ao 19 de novembro en Compostela

O CiMUS e a Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerán os próximos 18 e 19 de novembro a décima edición do Simposio Internacional de Lipodistrofias organizado pola Asociación Internacional de Familiares e Afectados (AELIP) e polo CIMUS da USC, a través da Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas (UETeM) que coordina David Araújo. 

O encontro, cuxa inauguración se fai coincidir co Día Mundial da Lipodistrofia que se conmemora o 18 de novembro, arrancará ás 08.45 horas na Sala de Conferencias do CIMUS cunha sesión de benvida a cargo do director do CiMUS, Carlos Diéguez; da presidenta da AELIP, Naca Pérez de Tudela; do vicepresidente da asociación, Juan Carlos Carrión;  e David Araújo Villar. 

Trátase dun simposio de carácter formativo que pretende ser tamén un foro de convivencia e intercambio de experiencias dirixido a estudantes, profesionais, afectados e familiares no que se presentarán en formato híbrido en liña e presencial, con preto 500 asistentes, os avances máis destacados para afrontar o desafío pouco común que supoñen as lipodistrofias.

Farase da man dun importante número de relatoras e relatores referentes no campo das Lipodistrofias tanto na súa vertente clínica como de investigación básica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2022.