Ir o contido principal

Sinatura do convenio do XXIV Premio Aresa

21/11/2023 - 11.30 horas

Pazo de Montenegro

O reitor da USC, Antonio López, e a vicepresidenta de Aresa, Carlota López, asinan este martes o convenio para a convocatoria da edición 2023 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Imaxe corporativa do Premio Aresa
Imaxe corporativa do Premio Aresa

O reitor da USC, Antonio López, e a vicepresidenta de Aresa, Carlota López Pardo, asinan este martes 21 de novembro, ás 11.30 horas, na sala de prensa do Pazo de Montenegro, o convenio para a convocatoria da edición 2023 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, tamén estará presente no acto, a través do que se pon en marcha o XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento, un certame impulsado conxuntamente entre as dúas entidades co obxectivo de contribuír á mellora do grao de benestar das persoas que viven no medio rural.

O galardón, do mesmo xeito que en anteriores edición, conta cunha dotación económica de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa para a candidatura gañadora.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2023.