Entrada libre ata completar a capacidade da sala

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, presenta un novo ciclo no que o alumnado do centro achegará propostas encadradas nos diferentes departamentos musicais.
Así, o mércores 16 de marzo, o repertorio do concerto incluirá composicións para vento metal; o mércores 23 centrarase en obras para vento madeira; o xoves 24 destinarase ás pezas para piano e guitarra; o venres 25 de marzo proporá composicións para distintos instrumentos de corda e o xoves 31 chegará a quenda de obras para canto e guitarra.
Todos os concertos terán lugar ás 20.30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.