Ir o contido principal

Ciclo de concertos 'Metáforas do Silencio'

'Sonatas para piano', a cargo de Javier López Jorge

29.09.2020 | 20.30h

Paraninfo da Universidade

Música de cámara de Ludwig van Beethoven (1770-1827) no 250 aniversario do seu nacemento

Imaxe do cartaz do evento
Imaxe do cartaz do evento

'Sonatas para piano' inaugura 'Metáforas do Silencio' da man de Javier López Jorge. Este ciclo de concertos de música de cámara de Ludwig van Beethoven pretende homenaxear ao compositor, director de orquestra e pianista alemán no 250 aniversario do seu nacemento.

A entrada é de balde, mais seguindo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir ao concerto deberán reservar praza chamando ao 881 81 10 18 ou 881 81 11 03, en horario de luns a venres entre as 9.00 e 14.00 horas, dende unha semana antes da celebración do concerto. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2020.