Ir o contido principal

Coloquio

'Sorrisos e bágoas, ou pensabas que investigar era distinto? A realidade humana detrás da ciencia'

24.09.2021 | 19.00h

O evento estará presentado por Senén Barro, catedrático de Ciencias da Computación da USC, e moderado polo catedrático de Electromagnetismo da Universidade, Jorge Mira

Facultade de Química
Facultade de Química

Intervirán no coloquio o doutorando en Ciencias Sociais e do Comportamento da UDC, Francisco Rey Vizoso; a directora da Unidade de Nano-Oncoloxía do IDIS, María de la Fuente Freire; a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso; e o profesor emérito de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da UVigo, Pedro Merino Gómez. Ademais de poder asistir de forma presencial a este evento organizado pola RAGC, o coloquio emitirase pola plataforma Zoom onde os e as participantes poderán interactuar en liña cos investigadores invitados. A inscrición pode formalizarse nesta ligazón.

A actividade científica, unha das marcas esenciais do progreso humano, capta cada vez máis o interese da sociedade. Porén, é menos visible a estrutura humana que hai detrás dela, formada por persoas en situacións moi diversas, que afrontan dificultades específicas ao longo da súa vida. Así, a competitividade e alto nivel de esixencia afectan á saúde mental dunha porcentaxe importante de investigadores mozos; a alta demanda de tempo que require a ciencia causa problemas de conciliación; xente brillante necesita moitos anos para acadar estabilidade laboral e mesmo as persoas consolidadas afrontan limitacións. Para explorar a realidade humana detrás da ciencia, este foro contará con catro investigadores e investigadoras, en diferentes fases da súa vida, que nos darán a súa testemuña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2021.