Ir o contido principal

Xornada Interuniversitaria Galega

'Submisión Química e as Violencias Sexuais'

31.03.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela
En liña

As tres universidades públicas galegas colaboran na organización desta xornada arredor da submisión química

Cartel da actividade
Cartel da actividade

As oficinas para a Igualdade de Xénero de USC, UVigo e UDC colaboran na organización dunha nova Xornada Interuniversitaria Galega que se centra no tratamento da 'Submisión Química e as Violencias Sexuais'. 

O encontro desenvolverase o venres 31 de marzo a partir das 10.00 horas a través de MS TEAMS e afondará en diferentes perspectivas, como os protocolos de detección de casos de submisión química no Centro Hospitalario Universitario de Ourense da man do director do seu servizo de Urxencias, Francisco José Aramburu Vilariño; a atención e acompañamento das vítimas da violencia sexual, con Paula Souto Castro, psicóloga da Oficina de Asistencia ás Vítimas dos Xulgados de Santiago de Compostela; o tratamento das violencias sexuais nos medios de comunicación e a cobertura mediática dos casos de submisión química,  coa intervención de Marga Tojo González, integrante da asociación Xornalistas Galegas; e as chaves para comprender as violencias sexuais en contextos de ocio, coa axuda de Ana Burgos García, coordinadora do Observatorio Noctámbul@s sobre as violencias sexuais en contornas de ocio nocturno e consumo de drogas. 

A asistencia é libre previa inscrición nesta ligazón. Outorgarase certificado de asistencia ás persoas inscritas.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.03.2023.