Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, participa no ciclo organizado pola Aula Profesional ECOADE

Coa finalidade de achegar o mundo da empresa e as institucións ao alumnado, a Aula Profesional ECOADE organiza un ciclo de conferencias na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións e entidades explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que desenvolven no día a día.
Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, tomará parte neste ciclo cun relatorio titulado 'A supresión do papel moeda a debate: cara un sistema de pagos exclusivamente dixital?', que impartirá o mércores 23 de novembro ás 12.15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
A actividade conta coa colaboración do Departamento de Economía Aplicada da USC e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.
A listaxe completa de conferencias do ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións' está dispoñible nos documentos anexos.