22/04/2021 - 17.00 horas
A actividade promovida pola profesora da área de Ecoloxía da USC Dolores Vázquez e impartida pola representante de Adega Itziar Díaz comeza as 17.00 horas

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC celebra este xoves, a partir das 17.00 horas, un obradoiro de compostaxe doméstica. Esta sesión formativa, organizada pola profesora da área de Ecoloxía da USC Dolores Vázquez, será impartida pola representante de Adega, Itziar Díaz.
O obradoiro de compostaxe doméstica está estruturado nunha primeira parte teórica e unha sesión final na que as persoas inscritas poderán participar na montaxe e colocación dun composteiro doméstico nas inmediacións da parcela dos hortos ecolóxicos da EPSE.